Leviathan (filme de 2014)
Leviathan | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Leviathan |
Director | Andrey Zvyagintsev |
Produtor | Alexander Rodnyansky |
Guión |
|
Intérpretes | |
Fotografía | Mikhail Krichman |
Estudio |
|
Distribuidora | Fox[2] |
Estrea | Cannes: 23 de maio de 2014 5 de febreiro de 2015 |
Duración | 141 minutos[3] |
Orixe | Rusia |
Xénero | Drama |
Orzamento | RUB 220m |
Recadación | $3 400 000[2] |
Na rede | |
http://www.sonyclassics.com/leviathan/ | |
Leviathan (ruso: Левиафан, Leviafan) é un filme dramático ruso dirixido por Andrey Zvyagintsev, co-escrito por Zvyagintsev e Oleg Negin, que se estreou no 2014. Está protagonizado por Aleksei Serebryakov, Elena Lyadova e Vladimir Vdovichenkov. Segundo Zvyagintsev, inspirouno a historia de Marvin Heemeyer nos Estados Unidos e fixo unha adaptación ó contexto ruso.[4] O desenvolvemento do personaxe protagonista ten paralelismos coa figura bíbliba de Xob.[5] O produtor Alexander Rodnyansky declarou: "Lida con algúns dos máis importantes temas sociais da Rusia contemporánea mais nunca se converte nun sermón do artista ou nunha protesta pública; é a historia do amor e a traxedia experimentada por xente corrente".[6] A crítica considerou o filme como formidable[7][8] polo tratamento de temas como o destino, o poder e o diñeiro.[7]
O filme foi seleccionado para competir pola Palma de Ouro no Festival de Cannes de 2014.[9] Zvyagintsev e Negin gañaron o premio ó mellor guión.[10] Foi escollido como mellor filme do ano no Festival de Cinema de Londres de 2014 e no 45º Festival Internacional de Cinema da India. Gañou o Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa.[11] Tamén foi nomeado ós Premios Oscar na categoría de mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos Oscar.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Aleksei Serebryakov como Kolya
- Roman Madyanov como Vadim
- Vladimir Vdovichenkov como Dima
- Elena Lyadova como Lilya
- Sergey Pokhodaev como Roma
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Felperin, Leslie (22 de maio de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "'Leviathan': Cannes Review". Consultado o 14 de decembro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 Box Office Mojo (ed.). "Leviathan (2014)". Internet Movie Database. Consultado o 8 de marzo de 2015.
- ↑ British Board of Film Classification, ed. (17 de outubro de 2014). "LEVIATHAN (15)". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 24 de novembro de 2014.
- ↑ «Если больше нет юродивых, кто скажет о беззаконии и лжи?», Kommersant.ru, 14 de maio de 2014
- ↑ Leviathan review – a compellingly told, stunningly shot drama
- ↑ Hopewell, John; Keslassy, Elsa (17 de febreiro de 2014). Variety, ed. "Berlin – Pyramide Intl. Rolls Out Pre-sales on 'Leviathan,' Russian Director Andrey Zvyagintsev's Follow-Up to 'Elena'". Consultado o 21 de marzo de 2014.
- ↑ 7,0 7,1 Cannes 2014 review: Leviathan – a new Russian masterpiece
- ↑ Film Review: ‘Leviathan’
- ↑ Cannes (ed.). "2014 Official Selection". Consultado o 17 de abril de 2014.
- ↑ Cannes (ed.). "Awards 2014 : Competition". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2013. Consultado o 25 de maio de 2014.
- ↑ 72ND ANNUAL GOLDEN GLOBE® AWARDS NOMINEES ANNOUNCED Arquivado 27 de febreiro de 2017 en Wayback Machine.. dickclark.com. Consultado o 11 de decembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Rusia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Leviathan na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)